Tuesday 17 de September de 2024

Xubilación de Justo Souto Soutullo


Hoxe despediron a Xusto Souto Soutullo, que se xubilou despois de case 27 anos na brigada municipal de obras rodeado de compañeiros e compañeiras e tamén da súa familia. O concelleiro de Obras, Luis Lamas, agradeceulle o traballo realizado, pero, sobre todo, o seu bo talante e a capacidade para transmitilo aos demais e para facer equipo. A alcaldesa en funcións, Belén Lendoiro, fíxolle entrega do xa tradicional carballo de Sargadelos, un agasallo institucional que recoñece e agradece tantos os anos de dedicación ao concello e ao pobo de Carballo.